Neste blogue imos ir escribindo algunhas das moitas cousas que facemos os nenos e nenas do CEIP Salgado Torres de A Coruña o curso 2012-13 en 1º de primaria e o curso 2013-14 en 2º .

2ºA

2. Tarta de Santiago con améndoas.

Tarta de Santiago con améndoas feita por  peregrin@s cociñeir@s coma remate do mes de prácticas con nós da profe Iria . Boa andanza Iria..
Emocionad@s de poder compartir con todos vós esta experiencia....


Pincha na cruz para poder imprimila.
Bo proveito Peregrinos....
Recordade que para facer comentarios hai que ir ao final de esta páxina
.E se vos animades a facela na casa recordade que podedes traer algunha foto para compartila neste blogue

E XA TEMOS A NOSA PRIMEIRA COCIÑEIRA DE TARTA DE AMÉNDOA...
....MARÍA
Noraboa María pola tarta!




1. Que é???
 Na clase de segundo de primaria a profe ensinounos algo. Non nos dixo o que era e nós tivemos que poñer a nosa cabeciña a pensar.....será....eu penso que....
Viñeron tamén a axudarnos a pensar os nosos compañeiros Antonio, Martín e Ainhara de infantil.
 
Aquí están a nosas respostas...

O día seguinte a profe ensina algo máis coa intención de que sigamos a pensar e a construir nós as aprendizaxes. Así saca das caixas mostras do antes e o despois de "eso" que observamos onte.
Aqui as fotos.

 E a partires de este momento moitos de nós cambiamos de opinión e pensamos que se trata de algo relacionado con un ser vivo...UNHA PLANTA!!! Marcos di que a ten na súa aldea e que incluso comen!!..Non será un froito??? SIIII , pensamos case que todos...Agora queremos saber cómo se chama.
Quedamos de buscar esa información pola nosa conta ..en libros...no ordenador...preguntándolle a alguén que saiba moito de froitas e de hortos...En fin que aínda queremos saber máis ..o sustantivo -dixo un compañeiro, pois  é o  nome das cousas..Sorriso.

Hoxe xoves algún de nós trouxo nomes e despois de lelos chegamos a conclusión de que todos son distintos...¿¿???
Aqui os nomes aportados polos compañeiros que buscaron esa información...Aguaymanto. Uchuva. Phisalis. 
Escribimos en google esas palabras e buscamos as imaxes.Descubrimos que todas son válidas.
Antón di que seguro que se chaman así segun o sitio..
Esteban aporta datos de que son moi bos para non ter enfermidades pois teñen moita vitamina C.
Pois agora só queda probalos e empezar a disfrutar das vantaxes de consumir outra froita fresca. O Phisalys. Que ben!
Fotos por publicar....grazas as profes Patricia e Eva por campartir con nós os Fisalis da súa horta.

Que ben o fixestes!!! Noraboa a todos e todas.



Arcimboldo en outono 1º_A
Aquí a mostra de como interpretamos nós o outono de Arcimboldo.
A verdade é que como traballamos a nosa panxoliña: ”O abeto está baleiro” Primeiro aprendemos a canción; despois pensamos que a podíamos acompañar con xestos para que todos os nenos e nenas a poideran entender mellor.Despois atrevímonos a grabar os nosos ensaios. A verdade é que desfrutamos todo e máis. Aquí tedes unha pequena mostra de tan só doce minutos!!!! Esperamos que vos guste.   Familias , aquí vos deixo un  ENLACE ,  a unha páxina que xenera fichas para facer caligrafia e así mellorar a letra dos vosos fillos/as.  Algo moi  importante para conseguir unha  boa presentación de todo traballo que fagan.
1º Escribides en Texto, 8 frases non moi longas.
2º Despois abaixo eleximos Pauta Montessori, nº de líneas 16 e finalmente o tipo de letra Massallera.
3º Por último prememos en Generar e xa esta lista para  imprimir a ficha . ..................................................................................................................................................................
Por fin xa chegou o magosto!!!! Comemos castañas e xogamos no patio ao pano, aos bolos, á corda e á goma. Pasámolo tan ben que agora xogamos nos recreos coa goma.

Celebramos o Samaín o día 31  de outubro. As nosas cariñas.
Fixemos as  caras con ceras blandas blancas e negras.
Somos de 1º A.

9 comentarios:

  1. Me ha gustado mucho. Andrea

    ResponderEliminar
  2. OS PEIXIÑOS QUEDARON BONITOS.JENNIFER

    ResponderEliminar
  3. Hola compañeros nuestros trabajos son muy bonitos.Jennifer

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. ¡¡Qué bonito vídeo, pero aún mucho más bonitas las maravillosas experiencias vividas con vosotros durante este corto mes!!!
    Espero que os vaya todo muy bien
    Iria

    ResponderEliminar
  6. Gracias Isabel y Iria por los momentos tan bonitos que le brindais a mi Maria.

    ResponderEliminar
  7. Martes 15 de abril de 2014.

    ¡Qué bien nos ha quedado el blog!

    Espero vivir más aventuras con mis compañeros y mi profe.

    Mar

    ResponderEliminar