Neste blogue imos ir escribindo algunhas das moitas cousas que facemos os nenos e nenas do CEIP Salgado Torres de A Coruña o curso 2012-13 en 1º de primaria e o curso 2013-14 en 2º .

13 febrero 2014

Unha froita descoñecida


1. Que é???
 Na clase de segundo de primaria a profe ensinounos algo. Non nos dixo o que era e nós tivemos que poñer a nosa cabeciña a pensar.....será....eu penso que....
Viñeron tamén a axudarnos a pensar os nosos compañeiros Antonio, Martín e Ainhara de infantil.
 
Aquí están a nosas respostas...

O día seguinte a profe ensina algo máis coa intención de que sigamos a pensar e a construir nós as aprendizaxes. Así saca das caixas mostras do antes e o despois de "eso" que observamos onte.
Aqui as fotos.

 E a partires de este momento moitos de nós cambiamos de opinión e pensamos que se trata de algo relacionado con un ser vivo...UNHA PLANTA!!! Marcos di que a ten na súa aldea e que incluso comen!!..Non será un froito??? SIIII , pensamos case que todos...Agora queremos saber cómo se chama.
Quedamos de buscar esa información pola nosa conta ..en libros...no ordenador...preguntándolle a alguén que saiba moito de froitas e de hortos...En fin que aínda queremos saber máis ..o sustantivo -dixo un compañeiro, pois  é o  nome das cousas..Sorriso.

Hoxe xoves algún de nós trouxo nomes e despois de lelos chegamos a conclusión de que todos son distintos...¿¿???
Aqui os nomes aportados polos compañeiros que buscaron esa información...Aguaymanto. Uchuva. Phisalis. 
Escribimos en google esas palabras e buscamos as imaxes.Descubrimos que todas son válidas.
Antón di que seguro que se chaman así segun o sitio..
Esteban aporta datos de que son moi bos para non ter enfermidades pois teñen moita vitamina C.
Pois agora só queda probalos e empezar a disfrutar das vantaxes de consumir outra froita fresca. O Phisalys. Que ben!


Fotos por publicar....grazas as profes Patricia e Eva por campartir con nós os Fisalis da súa horta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario